O Correo da Área de Compostela

Abren prazo de matrícula nas escolas municipais

  • 01 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. O prazo de matrícula para o curso 2021-2022 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) ábrese este martes, 1 de xuño, e permanecerá aberto ata o vindeiro martes 15 de xuño. A documentación poderá descargarse preferentemente na páxina web conciliames.gal ou recollerse nas dependencias de cada unha das escolas. Matricularanse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos.

Unha vez cuberta a documentación, poderá entregarse por medio da sede electrónica do Concello de Ames ou nas dependencias das propias escolas, tamén en horario de 09.00 a 14.00 horas. Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa chamando aos números de teléfono 981 538 433 (EIM A Madalena) e 682 497 369 (EIM O Bosque). Debido á situación actual derivada da COVID, cumprirase estritamente o horario de cada

cita (sempre de xeito individual, ademais). m. outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.