O Correo da Área de Compostela

Acaba con ‘As Silenciadas’ o ciclo Cinema Documental

  • 20 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. A concellaría de Cultura de Ames remata o ciclo Cinema Documental programado durante este mes de novembro coa proxección de As silenciadas, unha película dirixida por Pablo Ces e con guión de Aurora Marco e do propio Ces. Será na casa da cultura de Bertamiráns, este mércores 24 de novembro ás 20.30 horas, e incluirá un encontro co director e a guionista ao rematar o filme. Xa se poden retirar as entradas na billeteira local (entrando en abilleteira.concellodeames.gal).

O evento é parte do itinerario de actividades en conmemoración do 25N, elaborado de xeito transversal polas concellarías de Benestar e Igualdade, Cultura, Mocidade e Turismo. Precisamente, a edil de Cultura, Natividade González, amosaba a súa satisfacción “por este ciclo de cine, pola calidade acadada dos filmes e polo público entregado”, destacando tamén “a importancia de poñer en valor o noso audiovisual galego, que esta a ter moitos éxitos”, dixo. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.