O Correo da Área de Compostela

Adiántanse as andainas SaudeAndo a este xoves

  • 12 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O programa SaúdeAndo celebra a primeira das 38 saídas programadas ao longo de 2022, que terá lugar no Milladoiro no seu horario habitual, ás 17.30 horas, este xoves 13 de xaneiro. As andainas son unha iniciativa da concellería de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello.

É precisamente dende os propios dispensarios onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa. As saídas, que alternan un xoves en cada vila, empezan en Bertamiráns o vindeiro 20 de xaneiro.

As primeiras rutas adiántanse neste 2022 dous meses, “ante a forte demanda das persoas participantes, polo que nesta edición do itinerario só parará a actividade en xullo e agosto”, apuntan no Concello. Ademais, sempre van acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen coñecer esta disciplina. M. Outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.