O Correo da Área de Compostela

Agrón estará de festa toda esta fin de semana

  • 08 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. A parroquia de Agrón celebra este sábado 8 e domingo 9 as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames e a concellaría de Cultura colaboran coas festas a través do programa Música nas parroquias, coa actuación da agrupación Os Castros. As celebracións están organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de Festas de San Lourenzo de Agrón. A primeira xornada de festa, o sábado 8, comezará cunha misa na honra de San Andrés. A continuación haberá sesión vermú, a cargo do dúo Reflejos, e xa no serán, haberá verbena co trío Alborada e a disco móbil CDC. O domingo comezará cunha misa na honra da Virxe do Rosario e haberá procesión e actuación da agrupación Os Castros. Música nas parroquias é un programa vivo que inclúe a todos os grupos

musicais e agrupacións tradicionais. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.