O Correo da Área de Compostela

Amabul anima a eliminar herba da fortuna o día 15

  • 30 sep 2022 / 18:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vedra. A Asociación medioambiental Amabul, de Vedra, organiza a última xornada do proxecto Erradicadescantia 2022. Terá lugar o vindeiro 15 de outubro na área recreativa de Agronovo. Segundo apuntan dende a entidade “coa participación dun total de 120 persoas voluntarias, conseguimos eliminar 5.640,6 quilos da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla, liberando arredor de 750 metros cadrados e 200 metros lineais do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do seu hábitat nativo”. É por iso que animan aos voluntarias e voluntarias a participar nesta actividade, para o que deben inscribirse enchendo un formulario que se atopa en www.amabul.org.

Por certo que dende a asociación lembran que os días 15, 22 e 23 de outubro desenvolveranse as xornadas micolóxicas. A inscrición faise tamén a través da web. Ambas actividades están subvencionadas pola Deputación. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.