O Correo da Área de Compostela

Ames e Brión únense para apoiar ás mulleres no acceso ao emprego

En breves dará comezo unha nova edición do programa InserAmes-Brión // As 100 participantes recibirán formación teórica especializada con prácticas en empresas

  • 17 nov 2020 / 12:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Os concellos de Ames e de Brión poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Está dirixido a 100 mulleres desempregadas e a formación orientarase ao traballo nos sectores socio sanitario, comercial e de atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería e manexo de maquinaria. Ademais, as participantes recibirán formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais e intelixencia emocional e emprendemento. Tamén contarán con titorías persoais que as acompañarán á hora de buscar emprego . Posteriormente, realizarán prácticas en empresas, elixindo a que máis se adapte aos seus intereses de entre diferentes itinerarios formativos propostos, deseñados dacordo coas oportunidades laborais da comarca.

O Programa está financiado con 213.599,74 € pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polos concellos de Ames e Brión. As actividades comezarán a desenvolverse nas vindeiras semanas e rematará en novembro do 2021.

OBXECTIVOS. Tras os resultados valorados na edición actual do Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión (2019-20) cunha porcentaxe de inserción laboral entorno ao 50% das persoas participantes, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz destaca “a importancia desta formación que ten como propósito mellorar as posibilidades de acceso ao emprego a través da formación dos participantes”. Engade a concelleira que “o obxectivo desta nova edición é a mellora da empregabilidade e a cualificación laboral das participantes, nunha situación coma actual de especial dificultade e que afecta en maior medida a colectivos vulnerables, integrados fundamentalmente por mulleres.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.