O Correo da Área de Compostela

Andaina para visibilizar as doazóns e ós doentes de ril

  • 14 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A concellaría de Promoción da Saúde e maila Asociación para a loita contra as enfermidades de ril (Alcer) colaboran para darlle unha maior visibilidade e sensibilizar á veciñanza amesá sobre as enfermidades de ril e a doazón de órganos. Dita colaboración plásmase a través do programa SaúdeAndo, que ten organizada para este xoves, 15 de setembro, ás 17.30 horas, unha nova andaina saudable que parte dende o centro de saúde de Bertamiráns. Dita ruta terá unha duración dunha hora ou hora e media e ten unha dificultade media-baixa. Para participar é necesario estar arredor das 17.20 horas diante do centro de saúde de Bertamiráns.

O programa SaúdeAndo de 2022 está composto por 38 andainas con saída dende Bertamiráns e mailo Milladoiro. De setembro a decembro faranse 16 andainas (8 en cada localidade). Nesta iniciativa colaboran, ademais da administración municipal, os dous centros de saúde do Concello. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.