O Correo da Área de Compostela

Animan aos amesáns a ser solidarios co pobo saharauí

  • 04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) pon en marcha un ano máis o programa Vacacións en Paz, e está a buscar familias amesás que queiran acoller a nenos ou nenas saharauís durante dous meses de verán, en colaboración coa concellería de Servizos Sociais. Este venres, ás 20.00 horas, celebrarase unha reunión informativa para as persoas interesadas en participar no programa no Hotel Congreso, situado na rúa das Mámoas de Montouto, Cacheiras. Para anotarse cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es ou chamar ao 986 262 637 e indicar que queren asistir á cita e proporcionar os datos.

A iniciativa permite que os cativos e cativas escapen das altas temperaturas que se acadan durante o período estival no deserto saharauí, así como que pasen revisións médicas, aprendan galego e castelán e escapen da súa realidade unhas semanas.

Dende o Concello, a través da concellaría de Benestar Social, animan ás familias amesás que estean interesadas a participar no proxecto, “por tratarse dunha iniciativa solidaria de gran valor cultural tanto para as crianzas como para as persoas que os acollen”, indican. c.g.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.