O Correo da Área de Compostela

Anotacións para a Escola Integral de Maiores amesá

  • 25 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. As persoas interesadas en participar na Escola integral de maiores do Milladoiro xa se poden inscribir. Nesta localidade as clases impartiranse os mércores e venres, a partir das 17.00 horas. Para o grupo do Milladoiro ofrécense 20 prazas. Para reservar unha delas as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 662 377 044, enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou solicitalo nos centros socioculturais municipais (tanto a casa da cultura de Bertamiráns como a do Milladoiro teñen un horario de atención ao público de 9.00 a 14.00 horas). O prazo permanecerá aberto ata o mes de xaneiro, sempre e cando haxa prazas dispoñibles. O lema elexido é Divírtete aprendendo, baixo a que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica, repasando a lectura e comentario de textos, a escritura ou conceptos matemáticos sinxelos. M.O.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.