O Correo da Área de Compostela

Apego trae o espectáculo ‘Lixo’ para nenos e nenas a partir de dous anos

  • 30 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. Apego, o programa para sociabilizar ás familias con fillos cativos en galego, continúa en xuño co espectáculo Lixo, dirixido aos pequenos a partir de 2 anos. Será o venres, día 3 a partir das 18.00 horas, na casa da cultura do Milladoiro.

Na obra da compañía O Baúl da Tía Lola, dúas bailadeiras mergulladas nun mar de lixo e plástico descubrirannos xogos e mundos extraordinarios, nos que crear cultura a partir de varredura. As inscricións para a actividade, de balde, poderán realizarse dende este luns ata o xoves 2 de xuño, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos veciños de menos idade.

Lixo pretende mostrar dunha forma divertida os problemas que pode ocasionar o uso excesivo do plástico, xogando cunha escenografía en constante movemento, creada con materiais de plástico reciclado, como bolsas de lixo, cubertas, ou mesmo esqueletos de tendas de campaña. As dúas protagonistas en escena mergullaranse neste mundo de varredura e luces, bailando e creando diferentes ambientes a partir dos xestos, do son e do movemento. A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un email (normalizacion@concellodeames.gal) cos datos dos asistentes e teléfono. CG.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.