O Correo da Área de Compostela

Aproban licitar o centro de lecer do Milladoiro

  • 04 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. A xunta de goberno local de Ames aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado, da obra de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Segundo explican, un dos principais obxectivos da estratexia Edusi Impulsa Ames é asegurar a ancoraxe das persoas mozas mediante a creación de servizos e equipamentos específicos, acordes cos seus intereses e necesidades. Por iso, dende o Concello decídese apostar pola creación, con criterios de eficiencia enerxética, dun centro multifuncional de lecer que levarase a cabo no núcleo urbano do Milladoiro, en concreto construirase na avenida Muíño Vello, nunha parcela de 4.669,39 metros cadrados. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.