O Correo da Área de Compostela

Arranca Amessán cun curso novo para os maiores

  • 08 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. Arrancan xa as actividades do programa Amessán titulado Espreguiza corpo e mente. Este ano, aos cursos de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica e música tradicional galega engádase un obradoiro de competencias dixitais

básicas destinado ás persoas maiores. As propostas desenvólvense nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, A Tarroeira, Trasmonte e Oca. Este ano, como principal novidade, impartiranse actividades tamén no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, e na Casa dos Maiores, no Milladoiro. A. P.

Tema marcado como favorito