O Correo da Área de Compostela

Arroupan a Morena Herrera, valedora das salvadoreñas

  • 30 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. Membros da Corporación Municipal de Ames veñen de recibir á activista salvadoreña Morena Herrera, acompañada de Lorena Seijo, coordinadora da organización sen ánimo de lucro, Agareso. Morena Herrera (El Salvador, 1960) é unha histórica activista polos Dereitos Humanos e da muller, coñecida polo seu traballo contra a prohibición do aborto no seu país. Durante a recepción, Herrera denunciou a preocupante situación das mulleres en El Salvador, expostas a penas de entre 30 e 40 anos de cárcere por calquera tipo de aborto, mesmo por causas naturais, e incidiu no forte crecemento nos últimos anos de suicidios entre mozas adolescentes embarazadas, a primeira causa de morte indirecta entre xestantes desta franxa de idade. Tamén está a realizar varias visitas por institucións galegas, por mor da colaboración do Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello forma parte, Agareso e La Colectiva Feminista. m. outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.