O Correo da Área de Compostela

As Maianas mailo grupo Caldas aterrizarán este sábado en Pontemaceira

Dende o Concello de Negreira lembran que teñen estes meses máis de 30 actividades

  • 23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames-Negreira. O Concello de Negreira e Ames celebran de novo este sábado as Noites en Vela en Pontemaceira, nesta ocasión coa actuación de As Maianas e o grupo Caldo. Coa colaboración do Xacobeo, Pontemaceira converterase nunha paraxe máxica de luz e música.

Segundo indicou o rexedor de Negreira, Manuel Ángel Leis, “temos previstas máis de 30 actividades culturais durante os meses de xullo e agosto con concertos para todas as idades, pero moitos deles para un público familiar”.

Despois dos concertos das festas de San Cristovo, o Nicrarock e as Noites en Vela en Pontemaceira, unha das novidades este verán será que a Noite Folk, que terá lugar en agosto, se vai celebrar en dúas xornadas: o sábado 20 de agosto coa actuación de TNT, Fransy, Cibran, Salvado e o grupo madrileño Celtian; e o domingo ao mediodía coa actuación estrela de Xabier Diaz e Adufeiras do Salitre.

Dentro da programación municipal do Concello de Negreira para os meses de calor, tamén hai que destacar o campamento urbano Respira, os campamentos de verán en Porto do Son, os obradoiros Diververán no centro sociocultural, ou os cursos de natación na piscina municipal do Coto.

No mes de setembro, terá lugar a Feira do Románico os días 2, 3 e 4, e o Festival de Bandas de Música o domingo 18 na praza do Concello.

Por outra parte, tamén lembran dende o goberno local que durante este mes de xullo e o vindeiro de agosto desenvolveranse distintos campus deportivos organizados polos clubes locais, tal é o caso do Campus Compos de fútbol, pola Asociación Deportiva Nicrariense (ADN), o Summer Training Days, de baloncesto, e o Clínic de Tenis de Verán, organizado polo club Tenis Negreira. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.