O Correo da Área de Compostela

Axudas para o transporte bañés a outros concellos

  • 07 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Barcala. O Concello da Baña convoca axudas de transporte gratuíto durante o curso 2022/23 para toda a mocidade empadroada no municipio que estea estudando Bacharelato, FP ou calquera tipo de educación non universitaria e non obrigatoria en centros ubicados en Santa Comba e Negreira.

Os interesados poden solicitar estas axudas na concellaría de Educación da Baña durante todo o mes de agosto a través do número de teléfono do Concello 981 886 501. Cando chamen, deberán facilitar o seu contacto telefónico, a súa dirección e tamén o nome do centro no que están matriculados.

Con estas achegas, preténde axudar ás familias, ao tempo que lles facilita aos estudantes a posibilidade de seguir residindo nos seus domicilios da Baña durante o tempo que dure a súa formación. A mocidade gozará de transporte de balde ata os centros educativos –do outro municipio barcalés ou do xalleiro– ao longo do vindeiro curso escolar. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.