O Correo da Área de Compostela

Bonos para axudar aos comercios amesáns en febreiro e setembro

  • 05 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O alcalde de Ames e o presidente da patronal XEA, Jorge López, veñen de asinar o convenio para a subvención dos bonos merca@mes, unha campaña na que se porán en circulación 3.000 tarxetas-bono para gastar nos establecementos locais. O concello aportará 89.000 euros, o que permitirá poñer en movemento 200.000 € para gastos directos no comercio local.

Vanse presentar dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50 para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100. Do 10 ao 31 de xaneiro poderán inscribirse os establecementos que desexen adherirse á campaña e a partir do 5 de febreiro comezarán a distribuírse os bonos entre os posibless clientes dos establecementos adheridos.

A campaña desenvolverase en dúas fases. A primeira desde o 5 de febreiro até o 31 de marzo e a segunda a partir do mes de setembro. o.d. vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.