O Correo da Área de Compostela

Boqueixón alerta dunha posible estafa vía telefónica

  • 11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boqueixón. O Concello de Boqueixón informa de que non está a realizar ningún tipo de enquisa telefónica e alerta á veciñanza fronte ao que semella un posible intento de estafa para facerse cos seus datos persoais. Por iso, roga a aqueles veciños que reciban este tipo de chamadas que non faciliten ningún dato persoal e poñan a situación en coñecemento do Concello de Boqueixón (981 513 061) ou da Garda Civil (981 503 051).

É unha estafa coñecida como vishing na que contactan normalmente con persoas de idade avanzada, e tratan de gañarse a súa confianza para que lle faciliten datos. En caso de non conseguir a conta, aseguran que visitarán a vivenda para darlles un material e cobrarlles. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.