O Correo da Área de Compostela

Brión vai renovar por completo o parque infantil sito en Lamiño

Os labores, que xa foron licitados, darán como resultado un gran espazo cuberto

  • 07 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Brión. O Concello de Brión vén de sacar a licitación a construción dun novo parque infantil cuberto na rúa Tarrío, no lugar de Lamiño, por un importe de 304.545,83 euros. Uns traballos que contan cun prazo de execución de catro meses e que permitirán ás familias de Brión “dispoñer dun gran parque cuberto que poida ser utilizado durante todo o ano”, explica Pablo Lago, alcalde de Brión.

As obras incluirán o levantamento do pavimento do actual parque infantil así como o desmonte dos xogos alí instalados, que serán limpados e reparados para a súa posterior reinstalación nas novas instalacións (columpios adaptados, dous tobogáns, columpios, balancín e caixa de area). A nova soleira será en formigón de 10 centímetros de espesor e pavimento continuo con capacidade para absorber impactos nas áreas de xogos infantís, deseñado para absorber caídas de ata 1,5 metros de altura.

O alcalde sinala que “somos conscientes do deterioro que sufre o parque da rúa Tarrío e dos xogos que o integran, polo que decidimos acometer non só unha completa renovación das instalacións senón cubrilo para que poida ser utilizado durante todo o ano”. De feito, esta instalación será a segunda cuberta no municipio, despois de que o pasado mes de agosto o Concello de Brión investira outros 50.000 euros na cubrición do parque do Inxerido.

A maiores dos xogos xa dispoñibles, engadiranse varios (columpio dobre, balancíns con resorte...). c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.