O Correo da Área de Compostela

Chamamento para doar sangue cunha unidade móbil na rúa da Cruxa do Milladoiro este martes e mércores

  • 15 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro este martes 16 e o mércores 17 de agosto, na rúa Cruxa, cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 16 acudirá en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas, mentres que o mércores 17 estará tanto en horario de mañá como vespertino, de 09.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.

Dende a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembran que dende o pasado 1 de agosto xa non é precisa a cita previa, despois de que a situación e a incidencia da pandemia obrigase a traballar cun protocolo para garantir a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. De calquer xeito, ese número de teléfono gratuíto pode continuar empregándose polos interesados para resolver calquera das súas dúbidas sobre o proceso de cesión do líquido ou órgano vitais, polo que seguen a dispoñer dun teléfono de balde que era o da autocita: o número 900 100 828.

No que atinxe ao estado das reservas, o nivel é bo nos grupos A negativo e AB, tanto positivo como negativo, pero contan con menos cantidade no resto (A positivo e tamén no B e 0, tanto positivos como negativos).

Hai que suliñar que ADOS subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia, e cada xornada as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e tamén nas dez unidades móbiles que percorren os concellos envíanse ás súas dependencias para o seu procesamento, análise e tamén distribución.

Os hospitais desta terra precisan 10.000 dosis de sangue cada mes, xa que moitas persoas son sometidas a intervencións cirúrxicas, debido a que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia ou recibiron transplantes... E lembran que, cada xornada, deben chegar aos centros sanitarios un mínimo de entre catrocentas e cincocentas desas doazóns. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.