O Correo da Área de Compostela

Charla sobre a igualdade no IES Macías O Namorado

  • 13 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. Por terceiro ano consecutivo, o equipo de Igualdade do Instituto de Ensinanza Secundaria Macías O Namorado de Padrón organizou a charla-coloquio sobre a igualdade no eido laboral, na que participou o alumnado de Ciclos Formativos xunto con representantes de importantes empresas da comarca.

Á xornada asistiu en representación do Concello a concelleira de Igualdade, Lorena Couso, e na charla-coloquio participaron Pablo Lorenzo, representante da áreal legal da empresa Aluminios Cortizo; Milagros González, presidenta do Consello Regulador da DOP Pemento de Herbón; Luis Carreira, técnico de persoal de Finsa; e a garda civil Sara Rodríguez.

OBXECTIVOS. Segundo explican desde o centro educativo padronés, con esta actividade o que se pretende é que o alumnado coñeza e reflexione sobre diferentes temas, como son a importancia de contar con plans de igualdade nas empresas. Tamén se abordou a necesidade de elaborar medidas de conciliación da vida laboral e familiar; de estreitar, aínda máis, a fenda salarial entre homes e mulleres, e de que se acade a obrigatoriedade da transparencia salarial no seo das compañías. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.