O Correo da Área de Compostela

Cita cas mellores corais e coros da Maía para despedir o Nadal este domingo

  • 04 ene 2023 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. A programación de Nadal do Concello de Ames rematará este domingo, 8 de xaneiro, co tradicional encontro que protagonizan anualmente distintas agrupacións corais. Nesta ocasión, o concerto celebrarase na casa da cultura do Milladoiro, ás 19.00 horas, e nel participarán a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquial de Piñeiro e Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Os convites son de balde e xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello.

Así, en representación da parroquia de Tapia acudirá o grupo coral Lojo Batalla, un dos máis recoñecidos do concello. A agrupación naceu dunha iniciativa veciñal, e o seu repertorio inclúe xéneros como a canción popular, temas tradicionais e música relixiosa, tanto en galego como en castelán. O nome do coro fai referencia a Óscar Lojo-Batalla Sampedro, que foi alcalde de Ames entre 1931 e 1936 e fundou varias escolas.

E outro dos conxuntos con máis tradición –sen esquecer aos coros parroquiais e o integramente feminino Son Elas– será a Coral Polifónica de Bugallido, fundada no ano 1971 por Antonio Santomil, que era o párroco naquel momento e que quedou inactivo en 1981 despois do seu falecemento, sendo recuperada a finais de 1991 por un grupo de antigos compoñentes.

A edil de Cultura, Natividade González, dixo que agora centraranse na actividade do vindeiro trimestre, que abarca “tanto artes escénicas como outras disciplinas”. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.