O Correo da Área de Compostela

Coidados para os pés, oídos e mente dende O Milladoiro

  • 23 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A unidade móbil do programa Coidados porta a porta da Xunta vai estar no Milladoiro os días 13, 14 e 15 de febreiro, co fin de prestar servizos asistenciais de balde para a prevención da dependencia á poboación maior de 55 anos. Desta forma, a veciñanza de Ames poderá gozar de atención especializada en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Neste senso, e solicitando cita previa, poderase acceder a distintos coidados das tres áreas. No servizo de podoloxía farase unha consulta básica (valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas). En audioloxía, realizarase unha valoración e exploración, e prevención da perda auditiva. Ademais, no ámbito da estimulación da memoria levarase a cabo unha valoración cognitiva e achegaranse pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro. Anotacións nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.