O Correo da Área de Compostela

Dani Polo levará a maxia este xoves ata Bugallido

  • 24 ago 2022 / 23:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Os Seráns de Ames chegan ao seu fin este xoves 25 de agosto, nun campo da festa de Bugallido que acollerá a última parada dunha programación que ao longo de todos os xoves de xullo e agosto levou diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Nesta última semana de propostas será a quenda do artista galego Dani Polo, que da man do Festival Mundial de Maxia Galicia Ilusiona protagonizará un espectáculo repleto de ilusionismo a partir das 20.00 horas. A actuación é parte de Maxia na rúa, un dos eixos do festival Galicia Ilusiona, que ten como obxectivo inundar todo o país de maxia, achegándose a máis dun cento de localidades e apostando polas ilusionistas galegas, aproveitando a meteoroloxía favorable para o espectáculo na rúa que está a deixar este verán. Deste xeito, o proxecto busca converter Galicia nun territorio máxico durante dous meses e poñela no centro de atención. O. D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.