O Correo da Área de Compostela

Día da Muller amesán con ‘María Soliña’ en autocine, ruta e tributo

Ignacio Vilar vai incluír dúas unidades didácticas ca súa película // Monolito para Filomena Fraga

  • 27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A concellería de Benestar Social de Ames, con Luísa Feijóo á fronte, volve a sacudir conciencias e a axitar vontades sobre a importancia do Día Internacional da Muller. Chegará o 8 de marzo cun programa no que, ademais de autocine co filme María Soliña de Ignacio Vilar previsto o día 5 no Milladoiro (19.30 h), inclúe manifesto, homenaxe a once mulleres relevantes cunha ruta circular e monólito na praza da Maía para a poetisa local Filomena Fraga.

No que atinxe ao traballo cinematográfico de Vilar, o propio director avanzou que incluirá dúas unidades didácticas para o alumnado local, un dobre a lingua galega (aludiu ao acento “fermosísimo” que aínda existe na zona de Cangas, de onde era Soliña) e, por suposto, sobre a muller, xa que o seu filme aborda a historia desta galega (condenada por bruxería no século XVII). Vilar proclamouse “inventor do autocine ambulante” e aspira a que a súa película complete este ano a distribución “en 240 concellos”.

Ademais, suliñou a súa concepción participativa da sétima arte, e os coloquios que pode poñer en marcha con este tipo de proxeccións. Ao seu carón, o promotor do proxecto autocine.gal, Xoán Mariño, daba fe de que esta idea ten boa acollida entre os cinéfilos, e que semella pensada para a pandemia por ser unha actividade “segura”.

O acto central da conmemoración terá lugar o propio día 8 de marzo, ás 18.00 horas na praza do Concello. Alí lerase o manifesto institucional e, após da lectura, a celebración continuará na praza da Maía, onde terá lugar a presentación da ruta 8M e se descubrirá o monólito que se dedica á escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga.

Xa o sábado, 13 de marzo, inaugurarase a citada ruta urbana 8M, unha ruta circular por Bertamiráns, na que se colocarán monólitos dedicados a once mulleres relevantes, entre elas a citada poetisa. Desenvolverase polas zonas verdes da capital local con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Inclúe unha versión curta de cinco quilómetros e outra máis longa.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.