O Correo da Área de Compostela

Dodro conta dende hoxe cun novo punto limpo móbil municipal

O novo equipamento adquirido contribuirá a avanzar no cumprimento dos obxectivos de reciclaxe establecidos pola Unión Europea.

  • 10 ene 2022 / 11:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Dodro vén de adquirir un novo punto limpo móbil que permitirá achegar o punto de recollida de residuos aos núcleos de poboación.

Con esta iniciativa, dende o executivo local búscase reforzar o servizo municipal de xestión de residuos ampliando os tipos de residuos que se recollen de xeito separado para o seu posterior tratamento, cumprindo cos máis esixentes estándares ambientais. Máis concretamente, os residuos que poboación dodrense poderá depositar neste novo punto limpo móbil son: aceite de cociña usado, lámpadas e tubos fluorescentes, residuos de aparellos electrónicos e móbiles, pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, latas contaminadas tales como as de pinturas e vernices e tóner de impresora.

Estas tipoloxías de residuos deberán ser separadas no fogar e introducidas no departamento do punto limpo móbil que corresponda, de acordo cos paneis informativos que figuran nel.

Grazas á posibilidade que ofrece o servizo, o persoal municipal irá trasladando este punto de achega de residuos a sete localizacións diferentes dentro do termo municipal, empezando polo núcleo de Lestrobe e rematando en Teaio, pasando polo recinto do Pavillón Polideportivo, Chenlo, Traxeito, Imo e Bexo. En cada unha das sete localizacións anteriores, o punto limpo móbil permanecerá instalado durante unha semana.

Esta iniciativa segue a senda de sustentabilidade xa iniciada pola entidade municipal coa elaboración do seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible e sitúa a Dodro entre os concellos que están xa actuando para loitar contra a crise climática e preservar o seu patrimonio natural.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.