O Correo da Área de Compostela

Dodro presume de arquitectura local vencellada á auga

As fontes, lavadoiros e muíños puxéronse en valor a través da difusión de fragmentos do libro sobre toponimia de Lorenzo Baleirón

  • 28 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A auga centrou a actividade no Concello de Dodro con motivo da celebración, o pasado día 22, do Día Mundial de este líquido esencial para a vida. Así, os responsables municipais organizaron unha actividade de divulgación da arquitectura local da auga nas redes sociais, na que puxo en valor as fontes, lavadoiros e muíños de Dodro, a través das publicacións de fragmentos do libro Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga, de Manuel Lorenzo Baleirón, e a través das publicacións de enlaces ao catalogo de elementos patrimoniais obaixoulla.gal, onde se recollen elementos patrimoniais.

Outra das actividades foi a realización dunha mesa de traballo nomeada Os retos da auga en Dodro, que tivo lugar o pasado día 23 de marzo e na que se contou coa participación dun técnico da entidade pública Augas de Galicia, dun técnico da empresa concesionaria Viaqua, do concelleiro de Cultura e Patrimonio e do alcalde de Dodro.

Nela, púxose de relevancia a importancia da auga, analizouse a situación das redes de abastecemento e saneamento municipal, recoñecendo o gran esforzo inversor que están a realizar para a mellora destas redes, así como a importancia da separación das augas pluviais da rede de saneamento. Tamén se discutiu sobre o bo estado do río Regos e regatos de Dodro.

Retos de futuro
Optimizar o consumo

··· Tamén se traballou na fixación de retos cara o futuro, como a optimización da rede de abastecemento ata chegar a reducir a auga non rexistrada a un 20 %, o que suporía cumprir cas máis altas esixencias; impulsar a dixitalización dos procesos ca mellora das instalacións dos depósitos de auga, así como reducir a contaminación das augas receptoras de verteduras e conseguir a reutilización dos lodos xerados da EDAR. Tratouse tamén da mellora na xestión das traídas e mananciais veciñais, pero fixo ver que os sobrantes de auga das particulares deben ter un tratamento especial. Viaqua propuxo facer actividades cos escolares.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.