O Correo da Área de Compostela

Educación pediu licencia para cambiar o tellado e aillar o colexio da Baña

  • 15 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Baña. A vicesecretaria xeral da Consellería de Educación remitiulle onte ao alcalde da Baña unha carta solicitándolle ao Concello que conceda a licencia de obras para acometer a rehabilitación integral do CPI San Vicente por 1.161.179,44 euros. O investimento permitirá cambiar a cuberta e ventás e mellorar a impermeabilización do centro para conseguir unha mellor eficiencia enerxética segundo as premisas da arquitectura pedagóxica, e a previsión do alcalde e que a reforma poida comezar na vindeira primavera durante un máximo de cinco meses, polo que poderían estar rematadas cando comece o vindeiro curso escolar. As obras fóranlle solicitadas ao xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, nunha reunión que mantivera no seu despacho co alcalde, Andrés García Cardeso, e o tenente de alcalde, César Ramos. M. Outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.