O Correo da Área de Compostela

Emilio Andújar nomea xa as vellas escolas da Baña

  • 17 dic 2022 / 16:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Baña. As escolas vellas, sede da Escola de Música Municipal bañesa, pasan a chamarse Escolas Emilio Andújar en homenaxe ao melómano de Broño que fundou nos anos oitenta a Banda Infantil da Baña. Con esta iniciativa simbólica e emotiva, o Concello barcalés quixo lembrar e recoñecer a figura do falecido músico, “verdadeiro artífice e impulsor do ensino municipal no noso municipio”, manifestou o alcalde, Andrés García Cardeso. Así o testemuña a placa que se descubriu, despois do cal o rexedor, acompañado polo tenente de alcalde, César Ramos, e a concelleira de Cultura, Lorena Trillo, agradecéronlle aos fillos e fillas do falecido músico a súa presenza, entregándolles uns recordos. No acto tamén interpretaron uns temas antigos integrantes da banda de música e exalumnos do homenaxeado, así como a solista Noelia Rodríguez, acompañada ao piano polo docente Ramón Leis. Andújar morreu en Rial en 2019 ós 98 anos. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.