O Correo da Área de Compostela

Entregados 200 quilos de compostaxe entre os veciños de Ames

O pasado sábado 3 de outubro os interesados acercáronse á carpa instalada no mercado de rúa de Bertamiráns para recibir a súa parte

  • 05 oct 2020 / 17:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. O Concello, co obxectivo de dar a coñecer o programa “CompostAmes” e mailo uso deste abono natural, reparte entre a veciñanza amesá o compost xerado polos restos dos comedores escolares. Este sábado pasado, 3 de outubro, realizouse o primeiro reparto entregando ata 200 quilos de compostaxe en bolsas de quilo e medio cada unha. Á carpa instalada no mercado de rúa de Bertamiráns, achegáronse veciños e veciñas interesadas no proceso de reciclaxe. As Concellarías de Transición Ecolóxica e Educación organizarán este mesmo reparto o sábado, 17 de outubro, de 16.00 a 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Ademais, poderase recoller o compost no viveiro municipal de Barouta todos os sábados do mes de outubro, de 16:00 a 19:00 horas.

As persoas que estean interesadas en recibir unha bolsa de compost e non poidan acudir a ningún dos citados encontros, poderán pórse en contacto coa Aula da Natureza chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.