O Correo da Área de Compostela

Esixen que se paralice o novo mirador dubrés para O Picoto

  • 30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Val do Dubra. Tanto o PSOE de Val do Dubra como a formación Anova veñen de reclamar mediante cadanseu comunicado a paralización das obras do mirador do Picoto, polo menos ata coñecer o impacto medioambiental desta actuación que inclúe metal e formigón nesa nova infraestrutura. Ademais, os edís de Son de Dubra lembran que en change.org xa se están recollendo sinaturas (levan unhas duascentas) para evitar esta actuación.

Segundo os socialistas, “tiñamos coñecemento de que o Goberno municipal solicitara unha subvención á Xunta de Galicia para levar a cabo un mirador no Picoto, por un importe de 48.380,64 euros, sen coñecer máis datos do que querían executar realmente”, explica o seu voceiro, Diego Luis Díaz, que tamén indica que “o pasado xoves rexistramos unha solicitude para que nos faciliten copia do proxecto, así como os permisos que poidesen ser necesarios á vista da construción que se está a levar a cabo”.

Dende Anova reclaman que “técnicos especializados” realicen un estudo medioambiental e informen sobre os posibles danos. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.