O Correo da Área de Compostela

Estudarán colaboracións entre o Concello e Overon

  • 16 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O goberno amesán continúa ca rolda de visitas ás empresas do sector audiovisual sitas no municipio. E esta vez, o alcalde Blas García e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a compañía Overon, que está situada no parque empresarial Novo Milladoiro. O grupo Mediapro, a través de Overon, é o primeiro provedor mundial de servizos de transmisión vía satélite e a terceira plataforma mundial de distribución.

A empresa está especializada en realizar directos de grandes eventos e actividades deportivas (como partidos de fútbol, competicións de ciclismo, rallies e remo) e tamén directos para os informativos. Deste xeito, encárganse de retransmitir as diferentes probas de rallies, que organiza a Federación Española de Automobilismo; a Liga Galega de Traiñeiras; entre outras moitas competicións deportivas. Ademais, encárganse do servizo de directos da TVG e doutras cadeas de televisión nacionais e internacionais. Tamén realizan directos de grandes eventos e de breaking news.

Esta visita enmárcase na rolda de contactos coas diferentes empresas do sector audiovisual que están situadas no Concello de Ames, e serviu como toma de contacto e para buscar vías de colaboración entre ambas partes. Overon leva instalada no parque empresarial do Milladoiro 17 anos e teñen preto de 25 traballadores. m.m.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.