O Correo da Área de Compostela

Faleceu onte o exalcalde de Dodro Fernando Vila

  • 22 feb 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dodro. O que fora alcalde de Dodro durante preto de trinta anos, o popular Fernando Vila Brión, faleceu onte aos 82 anos tras unha larga enfermidade. O funeral polo ex rexedor será hoxe, as 12.00 horas, na igrexa parroquial da súa localidade natal, en Santa Mariña de Xuño, no concello de Porto do Son.

Farmacéutico, químico e exprofesor da USC, Fernando Vila Brión ocupou a alcaldía do concello coruñés de Dodro durante 28 anos, dende 1979 ata 2007.

Onte os seus compañeiros do Partido Popular se referían a el no seu Facebook e o definían como un “bo alcalde e mellor persoa. Os veciños de Dodro sempre lle estaremos agradecidos”. arca.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.