O Correo da Área de Compostela

Fernández pediu facer fronte ós retos sociais e económicos na Traslatio

Ó acto celebrado en Padrón asistiron Xesús Palmou e concelleiros da comarca do Sar

  • 03 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, pediu na tradicional cerimonia da Traslatio a intercesión do Apóstolo Santiago para poder facerlle fronte ós retos económicos e sociais que ten por diante a sociedade. O rexedor solicitou tamén diálogo e estabilidade política para progresar en harmonía e volveu reivindicar a orixe xacobea de Padrón.

Coa ofrenda institucional da Traslatio, celebrada o día 30 na igrexa de Santiago de Padrón e presidida polo cura párroco Roberto Martíñez, conmemórase precisamente o traslado do corpo de Santiago O Maior dende Jaffa, en Palestina, ata o porto da antiga cidade de Iria Flavia. O rexedor padronés foi o encargado de renovar un ano máis a ofrenda institucional coa que o pobo de Padrón agradece e solicita a protección do Apóstolo, un acto que cobrou oficialidade en 1646 pero do que xa hai constancia dende 1588.

No acto, Antonio Fernández Angueira estivo acompañado polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo; os tenentes de alcalde de Dodro e Rois; e membros do seu goberno e da Corporación municipal.

Indicar que a cerimonia contou tamén coa actuación da Coral Polifónica de Padrón e da Banda Municipal de Música da vila rosaliana. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.