O Correo da Área de Compostela

Fernández Piñeiro pide en Brión a Educación que cesen os recortes

  • 06 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

brión. O secretario xeral do PSdeG provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, estivo este mércores en Brión xunto á secretaria de Función Pública da executiva, Llanos Castellanos, ademais de varios alcaldes e representantes socialistas da comarca, para reivindicar que se cubran as prazas de docentes no CEIP de Pedrouzos. Na visita, Piñeiro demandou á Xunta “cubrir de forma inmediata a praza de docente de Música, unha reivindicación que apoian tanto a directiva do centro como as familias”. “Ademais, a Xunta tamén suprimiu unha unidade educativa, limitando o persoal do apoio. Por desgraza, estes recortes son a tónica habitual deste inicio de curso”, sinalou. Fernández fixo referencia á situación en Dumbría, “onde hai un mesmo titor para dúas aulas en dous centros educativos situados en concellos distintos”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.