O Correo da Área de Compostela

Foliada de Nadal con música e merenda para o alumnado de Amessan o día 11

  • 03 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. Chega a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns o domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas. Haberá música a cargo do conxunto de pandereteiras de Amessan e do grupo de Elelas, tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado local. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros.

Esta é a terceira edición de dita festa, que en 2019 chegaba ata Milladoiro, en 2020 non se celebrou debido ás restricións pola pandemia da covid e no ano 2021 organizouse en Bertamiráns. E vai disportamén dun servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

O programa Amessan conta cunha ampla oferta de cursos: clases de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailo-terapia. Todas son actividades pensadas para manter a actividade e coidar a saúde física e emocional dos maiores do Concello. Este ano, como novidade, hai actividades de guitarra e sesións de músico-terapia.

Os distintos cursos impártense en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e Oca, sen esquencer as concorridas xuntanzas lúdicas entre o alumnado. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.