O Correo da Área de Compostela

Homenaxe a Cela cunha lectura e unha ofrenda

  • 18 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este martes en Padrón nos actos impulsados pola Xunta de Galicia polo 21 aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Os actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio padronés de Santa María de Adina.

A continuación, o representante da Consellería de Cultura trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela para a lectura de La familia de Pascual Duarte, a cargo dos alumnos do IES Macías O Namorado de Padrón e do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio. Coincidindo con esta efeméride, a Fundación recibiu a doazón dunha ilustración de Xosé Teiga Estudio por parte de Pepe Formoso. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.