O Correo da Área de Compostela

Iluminarán o consistorio de turquesa para celebrar o Día Nacional da Lingua de signos

  • 13 jun 2022 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. A concellería de Benestar Social do Concello de Ames súmase á conmemoración do Día Nacional da Lingua de Signos este martes, 14 de xuño, iluminando a fachada da casa consistorial de Bertamiráns de cor turquesa. O lema da campaña deste ano é Libres para elixir, libres para signar como prioridade para asegurar que toda a rapazada con discapacidade auditiva creza de forma libre e totalmente plena.

A esta conmemoración súmase a colaboración que xa existe entre a Federación de Persoas Xordas, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago e o Concello de Ames, coa realización dende hai anos de cursos gratuítos de iniciación á lingua de signos, cos que se acredita aos asistentes cunha titulación de A1.

Para celebrar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas elexiuse o 14 de xuño, a mesma data –pero no 1936– na que se constituía a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas). M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.