O Correo da Área de Compostela

Impulso económico para a mellora do auditorio da casa da cultura do Milladoiro

  • 28 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. Este martes a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e o director de AGADIC, Jacobo Sutil, estiveron no auditorio da casa da cultura do Milladoiro para comprobar as melloras que se realizaron a través do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas do auditorio do Milladoiro. Dito proxecto foi cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento, número 2041/241, convocados para o 2022. “Poder contar con esta subvención permite a modernización das nosas infraestruturas”, indicou a edil, quen asegurou que “van a repercutir nunha importante mellora destas instalacións ademais dunha mellor xestión sostible”. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.