O Correo da Área de Compostela

Inaugurada en Vedra a exposicion ‘Paso a paso’

  • 28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Pueblo. O centro sociocultural de Vedra acolle a mostra Paso a paso, unha exposición que nace a partir dun taller impartido polo compostelano Fuco Reyes . O colectivo de artistas que participa está composto por: Ramiro González, Ana Rozas, Ánxela Taboada, Adonis Ríos, Josina Ganzedo, María Pino, Maite Miñambres e a vedresa Esmeralda López Castro. Esta última foi a encargada de explicar polo miúdo que é o que se pode ver na mostra que conta con tres liñas distintas que comezan por algúns traballos de fotografía documental, que intentan reflectir a realidade; a continuación pódense ver unha serie de obras inspiradas na pintura con bodegóns tomados de obras do século XVII ou referencias á pintura abstracta; e finalmente obras que buscan a metáfora visual, que intentan suxerir distintas situacións inspiradas incluso no acoso psicolóxico. A mostra pódese visitar ata o 7 de maio en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.