O Correo da Área de Compostela

Licitan a central de lavado e centralizarán as cociñas

  • 04 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A xunta de goberno deu luz verde ao proxecto técnico e mailo expediente de contratación para as obras de adecuación da antiga nave de obras para a implantación dunha central de lavado e locais anexos auxiliares para os comedores escolares municipais. O orzamento base de licitación ascende a 149.764,77 euros, e pódense achegar propostas até o 20 de xuño.

Segundo a concellería de Educación, centralizaranse nese espazo as dúas cociñas do CEIP Agro do Muíño e EEI do Milladoiro no 2023 en dúas partes. Primeiro construirase a área de lavado que disporá dunha superficie de 196 metros cadrados, incluíndo outra zona de entrada de sucio e subministracións, un almacén para carros, un local de limpeza e lixo, e un local para máquinas. E na segunda fase construirase a área da cociña central que terá unha superficie total de 888 m2 con vestiario, área de cociña xeral e outra cociña específica para intolerancias. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.