O Correo da Área de Compostela

Los Jinetes del Trópico presentarán o seu novo disco en Bertamiráns

  • 12 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. A concellería de Mocidade de Ames organiza unha sesión de música en directo do grupo galego Los Jinetes del Trópico, que terá lugar o sábado 18 de decembro ás 20.00 horas no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns. A banda presentará ao público amesán temas do seu disco debut, Cabalgando pola ría, no que mestura ritmos tropicais con música latinoamericana, como o reggaeton ou a cumbia. Xa se poden reservar os convites a través da billeteira electrónica do Concello. Lembrar que Los Jinetes del Trópico formouse no ano 2015 en Monforte de Lemos, coa xuntanza de tres músicos con experiencia na música tradicional galega. Co obxectivo inicial de combinar a tradición musical galega coa verbena, a formación foi evolucionando, incorporando novos ritmos e fusionando cumbia, reggaeton, punk, ou ska. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.