O Correo da Área de Compostela

Maiores amesáns van celebrar o Entroido o 17

  • 23 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A Casa dos Maiores do Milladoiro acollerá a festa de Entroido do programa Amessán –o próximo venres 17 de febreiro a partir das 17.30 horas– na que os asistentes poderán desfrutar de música en vivo a cargo de Luis Rey, así como dunha pequena merenda. Haberá autobuses para asistir ao evento dende as paradas de costume, reservando praza a través dos números de teléfono 662 377 044 ou 683 327 378 antes do 15 de febreiro, ás 14.00 horas. Dende a concellería de Benestar Social animan á veciñanza amesá a asistir disfrazada, en base a unha temática que este ano xira arredor do antigo Oeste. O programa Amessán conta cunha ampla oferta de cursos que, segundo a edil Luísa Feijóo, inclúen clases de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailo-terapia. Todas son actividades pensadas para manter a actividade e coidar a saúde física e emocional dos veteranos da capital maiá. M. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.