O Correo da Área de Compostela
Se eu fose alcalde...

Manuel Corbacho: “Sería conveniente aliviar o tráfico”

Hostaleiro

    Cargando reproductor ...
  • 31 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Veciño do Milladoiro dende o ano 1998, casado e con fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O primeiro evitar tanto tráfico como hai. Sería conveniente alivialo un pouco, sobre todo, na xeneral. O segundo, dar máis axudas á xente que traballa en Ames na medida do posible. Culturalmente Ames é unha vila con bastante oferta e quizais en determinadas épocas habería que diversificar o investimento. Por último, unificar os horarios da hostalaría.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Primo sobre todo a comodidade, porque non precisas moverte daquí se non queres. Outra cousa é que queiras ir a Santiago, a Bertamiráns ou outras vilas, pero por necesidade practicamente non tes falta de nada.

E o que peor leva?

O peor é a masificación do tráfico. Non hai aparcamentos públicos practicamente, quitando o que temos no Hipercor. O problema é que somos 14.000 habitantes no Milladoiro e hai que engadir os 14.000 ou 15.000 de Bertamiráns, polo que non arranxamos nada.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.