O Correo da Área de Compostela

Mellorarán a estrada que dá acceso á aldea de Trasmonte

  • 07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O tripartito aprobou en xunta de goberno a adxudicación das obras de mellora do acceso ao núcleo de Trasmonte. Incluídas no POS+ 2021 da Deputación da Coruña, foron adxudicadas á empresa Martínez Montes e Hijos SL, por un importe de 152.339 euros. O proxecto inclúe a mellora da capa de rodaxe e a construción dunha gabia de formigón.

Deste xeito, e nunha lonxitude de 825 metros e cun ancho medio de cinco preténdese a mellora da capa de rodaxe, coa aplicación de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas, e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Ademais, en 660 metros do mesmo trazado contémplase a continuación da gabia transitable de formigón, cun ancho medio de 1,5 metros baixo a que se canalizará a recollida de pluviais e o alumeado público, cos seus correspondentes sumidoiros e tamén arquetas.

Segundo o rexedor, e edil de Obras e Servizos Básicos, Blas García, “estamos traballando e mellorando moitos núcleos a bo ritmo –que tamén chegarán ás localidades de Pedras e Eirapedriña–, ademais de realizar outros investimentos importantes como o alumeado led ou mellora de servizos no rural”. M. O.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.