O Correo da Área de Compostela

Mil mantas para clientes das terrazas no Fogar
do Santiso

A súa filosofía ecolóxica rexeita
o uso de estufas // Desinfectadas e precintadas, pódense alugar

  • 19 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Falar do Fogar do Santiso é levar a mente a unha gastronomía responsable nacida naquela pequena taberna de Luou que hoxe medrou e que xa ten ramificacións, coma se dunha grande árbore se tratara, con novos restaurantes nun antigo viveiro de plantas na praia de Santa Cristina de Oleiros, outro moi recente na antiga fábrica de curtidos de Vilanova do século XVII á sombra da ponte románica sobre o río Arnoia en Allariz, e o Fogar de Galicia no número trinta e seis da emblemática rúa santiaguesa do Franco especializado en diferentes tipos de brasas.

Esa filosofía ecolóxica que non só se limita ó campo senón que se leva ó mar e ata os montes para criar razas autóctonas que despois chegan á mesa en forma de chuletón ou entrecosto chega ós seus clientes. Ó seu labor de coidar o medioambiente, incluso reciclando o lixo, tamén habería que sumar un traballo pedagóxico que gaña adeptos con todos os que pasan polos seus comedores.

Ese espíritu innovador medra e así o demostra con unha orixinal iniciativa. As restriccións ós espazos pechados e o aumento da sensilibilidade de cara ós posible contaxios fixo que o coñecido grupo de restauración ecolóxica tomase a decisión de potenciar as súas terrazas. Como proxecto de economía circular e sustentabilidade a decisión de poñer estufas e consumir combustibles fósiles vai en contra da súa filosofía polo que decidiron loitar contra o frío dun xeito sinxelo: cunhas tradicionais mantas.

O servizo consiste na entrega dunha manta lavada, desinfectada e precintada a cada comensal, que pode decidir se quere alugala por un día, quedar con ela ou retornala ó fin da tempada.

Este é un paso mais cara á promoción da sustentabilidade na hostalaría. A iniciativa non fai máis que complementar a oferta de todos os restaurantes do Fogar do Santiso de produto Quilómetro Cero, ecolóxico e de tempada. Asimesmo, os Fogares son centros residuo cero xa que compostan todos os residuos alimentarios e reciclan o resto de materias primas non aproveitables que se producen nos procesos de cociñado.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.