O Correo da Área de Compostela

Monseñor Prieto visita o Proxecto Home en Dubra

  • 29 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dubra. A Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Val do Dubra recibiu a visita do bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, a quen lle foi trasladado o plan para abrir un albergue de peregrinos nunha parte aínda por rehabilitar, e para a que prevén solicitar da Xunta o financiamento.

O bispo auxiliar foi recibido por Ofelia Debén Rodríguez, directora-presidenta do Proxecto Home Galicia, acompañada por Jesús García Vázquez, presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo, e Ramón Gómez Crespo, xerente da Fundación Monte do Gozo. Proxecto Home Galicia desenvolve o seu labor dende o ano 1990 e, en concreto, a Comunidade Terapéutica de Cernadas, abriu as súas portas aos primeiros residentes o 13 de agosto de 1990, dende esa data, leva adiante un traballo Terapéutico-Educativo, de altísima calidade, e recoñecida eficacia, sendo un centro de referencia, non só para Galicia, senón a nivel nacional e internacional.

Ao longo destes 32 anos, lévase atendido a máis de 18.000 usuarios directos, e a máis de 38.000 indirectos. Neste centro ofértase un programa para mulleres con fillos a cargo e a comunidade conta con horta e liña de restauración. Ademais os usuarios, ademais do seu traballo de rehabilitación, teñen posibilidades formativas que dan dende a canteiría ata renovabeis. M. Outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.