O Correo da Área de Compostela

Negreira premia ás integrantes do Servizo de Axuda no Fogar

  • 09 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Barcala. Negreira sumouse ao Día da Muller cun mural para poñer en valor o imprescindible traballo das compoñentes do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Negreira, equipo que recibe este ano o Premio 8 de Marzo.

Ángel Leis, rexedor, e maila primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Mar García, foron os encargados de entregar este premio o pasado sábado durante o pintado do mural conmemorativo no colexio do Coto, nun acto que contou tamén coa participación de Rubén Suárez e María José Carballo, do Partido Popular. Dende o Goberno municipal salientan que este ano se fai máis “importante” se cabe este recoñecemento polo labor diario que fan as traballadoras do SAF. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.