O Correo da Área de Compostela

Noia e A Pobra aprenden das franxas antilume e do novo dispensario amesán

  • 18 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Os servizos e iniciativas do tripartito amesán continúan a espertar o interese doutras corporacións. E, en concreto, esta vez foron concelleiras do Barbanza e Noia as que quixeron coñecer o plan de plantación de caducifolias para loitar contra o lume e o funcionamento do novo centro de saúde que abriu a Xunta no Milladoiro.

Así, o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, e á técnica do departamento de Medio Ambiente, Patricia Reboreda, mantiveron un encontro coa concelleira de Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais do Concello da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo Nine, e maila concelleira de Noia e deputada provincial adscrita ás áreas de Mocidade e Educación, Sandra González Castro.

A visita das dúas edís foi para coñecer o plan de prevención de incendios forestais que o Goberno municipal amesán puxo en marcha en 2016. Deste xeito, acudiron ás franxas de protección e explicóuselle o plan de prevención de incendios no monte amesán, que tiñan interese en coñecer pola vaga de incendios do pasado verán que afectou ao Barbanza, e en especial A Pobra do Caramiñal. Por iso, recibiron tamén un dossier cos datos dos sete anos que leva funcionando a iniciativa.

Ademais, a coordinadora do dispensario da maior urbe, Magdalena Seco, lles explicou o funcionamento do centro ante a apertura dun novo e Noia e a demanda de melloras no da Pobra. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.