O Correo da Área de Compostela

Non cesa a música este verán para os amesáns

  • 02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. O programa AmesON pechaba o mes de xullo co concerto de Xosé Constenla Grupo o sábado 31. Non obstante, para agosto e setembro aínda quedan moitas máis citas musicais que alegrarán o período estival aos amesáns. Agosto arrancaba onte con Son de Tres, que actuou na Praza da Madalena do Milladoiro ás 20.00 horas. Nerea & chocolate está citada para o día 4 no parque do Ameneiral de Bertamiráns á mesma hora. Tamén alí terá lugar o domingo 8 a Fase Festa con Pepe Suevos, Fátima Pego e Josep Ruiz (ás 20.00 horas). Aires de Orinoco e virtual Proyect amenizarán a xornada do 28, tamén no parque do Ameneiral ás 20.00. En setembro culminará o AmesON e farao coa actuación máis agardada de todas: a de París de Noia o día 3, unha das orquestras de maior referencia na nosa comunidade e que actúa tamén noutros puntos da xeografía española. Os teloneiros serán os gañadores do concurso Canta con Ames. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.