O Correo da Área de Compostela

Non se poderá estacionar na Praza da Baña na mañá do 22

  • 21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Baña. O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, vén de asinar un bando no que solicita a colaboración veciñal para o desenvolvemento da I Carreira San Vicenzo. A proba, con saída e chegada na Praza do Concello, celebrarase este domingo, 22 de xaneiro, coincidindo co Patrón da Baña, de 12.00 a 14.00 horas.

Por ese motivo, no bando o rexedor pide ós veciños que non aparquen os seus vehículos na Praza do Concello ao longo da mañá do domingo, nin nas súas inmediacións. Tamén se solicita comprensión veciñal respecto dos cortes de tráfico que se producirán ao paso da carreira nos lugares de San Vicenzo, Vesía, Guende, Xasoso, O Castro, Señor e A Castiñeira.

A I Carreira San Vicenzo, non competitiva e de catro quilómetros, está organizada pola concellería de Promoción da Vida Activa e Deporte e terá como padriño ao karateka Nicolás Carnota.

Dende o goberno local da Baña informan que haberá medallas para todos os participantes e que, ao rematar a citada proba, haberá sesión vermú a cargo do Dúo Rosán.

Asemade, tamén se pensou nos pequenos da casa. Así, os máis cativos e cativas poderán gozar nos inchables ubicados na liña de meta e tomar un chocolate quente. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.